Actividades

Turismo de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), presentaron ao Clúster de Turismo de Galicia a nova plataforma de xestión e promoción que a administración pública por a disposición do sector turístico galego para o maior aproveitamento das novas tecnoloxías na promoción do destino Galicia. Con este obxectivo nace Turespazo, a extranet que ofrecerá aos profesionais e empresarios do sector un único punto de acceso para a autoxestión online da súa información administrativa e promocional.

Así, este primeiro encontro entre administración pública e a xunta directiva do Clúster do Turismo de Galicia serviu para presentar as liñas básicas desta ferramenta e poñer en marcha unha mesa de traballo conxunta de carácter público-privado que permitirá identificar os establecementos piloto nos que se probará Turespazo antes de lanzala ao conxunto do sector. Tras este período de probas, mellora e avaliación, establecerase conxuntamente un calendario de traballo para o seu despregamento así como un plan de formación e soporte aos profesionais que lles permita autoxestionar a información que a plataforma recolle de cada establecemento turístico.

Segundo explicaron as respectivas directoras de Turismo de Galicia, Nava Castro, e de Amtega, Mar Pereira, Turespazo nace, ademais, con espíritu de colaboración y adaptación ás necesidades do sector turístico galego, ao que desde ambas administracións públicas se lles fixo un chamamento para acadar a súa colaboración, vital para o éxito desta plataforma. Unha colaboración que desde o Clúster de Turismo de Galicia, o seu presidente, Francisco González, fixo explícita e agradeceu esta nova ferramenta, que agarda que redunde nunha mellora da rendabilidad do sector, un dos grandes retos que afronta.

Turespazo estará dispoñible a través do portal de Turismo,www.turismo.gal e o profesional ou empresario, previa identificación, accederá aos datos oficiais e promocionais que a Administración ten sobre o seu negocio e poderá modificalos, cambios que só deberá introducir unha vez para modificalos en todos os soportes de promoción que Turismo de Galicia xestiona (portais, aplicacións e soportes de Turismo) facilitándolle ao usuario final unha información de calidade en tempo real. Ademáis da promoción, Turespazo está integrado coa sede electrónica da Xunta para facilitar cambios na información de índole administrativa así como a realización dalgún dos preto de 30 trámites que a Xunta ten dispoñibles para o sector.

Turespazo é unha das iniciativas do Plan Smart Turismo que a Xunta puxo en marcha o pasado ano para impulsar a modernización tecnolóxica dun sector estratéxico da economía galega que permitirá transformar o turismo tradicional en turismo intelixente da man da tecnoloxía. Un plan a cinco anos, dotado con 10 millóns de euros, para modernizar un sector. A día de hoxe o Plan xa ten en marcha súa peza central, o Rexistro de Información Turística de Galicia (RITGA), un repositorio único de información turística co que xa traballan os empregados da administración pública e do que se alimenta a súa extranet, Turespazo.

No primeiro trimestre do ano está prevista a posta en marcha doutras dúas iniciativas dos plan: a publicación dos novos portais de turismo de galicia, turismo.gal e do Camiño de Santiago, caminodesantiago.gal xunto coa app do Camiño para que os peregrinos poidan recibir información en tempo real a medida que avanzan cara Compostela.

13 de enero de 2016
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentarán aos axentes do sector turístico a ferramenta Turespazo.

Turismo de Galicia e Amtega presentan Turespazo, que entra en período de consultas e avaliación por parte do sector turístico galego

Turismo de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), presentaron ao Clúster de Turismo de Galicia a nova plataforma de xestión e […]
30 de diciembre de 2015
IMG_4434-1

O destino Galicia estivo presente en 31 feiras turísticas ao longo de 2015

A oferta turística galega estivo presente nun total de 31 feiras sectoriais, catro máis que en 2014, o que permitiu dar a coñecer os produtos, servizos […]
18 de diciembre de 2015
´jornadas-cenp-541x300

Experiencias y consejos en la Jornada de Orientación Laboral del CENP A Coruña

La Escuela Universitaria de Turismo- Cenp de A Coruña acogió una jornada de Orientación Laboral para los futuros profesionales del sector en la que participaron ocho […]
11 de diciembre de 2015
Banner-definitivo-amarillo

Burgos acoge el congreso nacional de las empresas de OPC

Presente y futuro de las empresas organizadoras de eventos, Burgos acogerá el próximo mes de febrero el Congreso Nacional de Empresas Organizadoras de Eventos, del 18 […]