As asociacións de Turismo Rural Fegatur, Agatur e Agarimo e Pazos de Galicia veñen de asinar un convenio de colaboración con Turismo de Galicia para traballar conxuntamente para o impulso da central de reservas de Turismo de Galicia. O obxectivo deste acordo é dar continuidade ao servizo de reservas de aloxamentos de turismo rural de Galicia durante o ano 2016 dunha maneira máis competitiva, quedando a coordinación e funcionamento do sistema de reservas de aloxamentos de turismo rural nas catro asociacións que neste momento agrupan os aloxamentos de turismo rural en Galicia.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou que o convenio constitúe unha acción máis na aposta de Turismo de Galicia pola colaboración público- privada e supón un empuxe fundamental para o turismo rural. “O convenio permitirá potenciar a ferramenta e adaptala ás necesidades do sector sen reducir a súa universalidade, xa que continuará á disposición de todos os aloxamentos de turismo rural, sexan ou non membros dalgunha das asociacións”, sinalou.

Pola súa parte, os representantes das asociacións agradeceron esta iniciativa da Xunta de Galicia que definiron como un importante avance, e destacaron que, grazas a iniciativas como esta, a nosa comunidade estase a consolidar como un destino rural de referencia.

Mellora de resultados

Nava Castro explicou que o turismo rural constitúe unha das grandes fortalezas da nosa comunidade como destino ao contar con máis de 600 establecementos de Turismo Rural que superan as 7 mil prazas, dos cales, 50, contan coa certificación da Q de Calidade. Estas cifras converten a nosa comunidade na rexión con máis establecementos desta tipoloxía certificados a nivel estatal, atesourando o 49% do total de España.

Unha oferta que neste 2015 mellorou resultados, xa que, segundo os últimos datos do INE, o pasado ano a nosa comunidade superou nun 21,6% a cifra de viaxeiros aloxados nos seus establecementos de turismo rural e nun 16,2% o nivel de pernoitas do mesmo período do 2014, acadando un máximo histórico de volume de viaxeiros aloxados nun ano non Xacobeo con máis de 181 mil en 2015.

12 de enero de 2016
central-de-reservas-turgalicia

As asociacións de Turismo Rural e Turismo de Galicia asinan acordo de impulso para a central de reservas autonómica

As asociacións de Turismo Rural Fegatur, Agatur e Agarimo e Pazos de Galicia veñen de asinar un convenio de colaboración con Turismo de Galicia para traballar […]
11 de enero de 2016
20160109529__MG_5342

Siete etapas de La Vuelta a España discurrirán por tierras gallegas

En el recorrido de la nueva edición de La Vuelta Ciclista a España, que se celebrará entre el 20 de agosto y el 11 de septiembre, […]
04 de enero de 2016
peregrinos_compostela_2

Más de 262.000 caminantes culminaron el Camino de Santiago en 2015, un 10% más que en 2014

Finalmente no hubo récord y el número de peregrinos que hizo el Camino de Santiago en 2015 fue de 262.515, a solo 9.897 caminantes de la […]
04 de enero de 2016
O titular do Goberno autonómico presidirá o acto de recoñecemento coa Q  de Calidade Turística Galicia 2014. Estará acompañado pola directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro. No Real Club Náutico de Vigo (As Avenidas, s/n). 
foto xoán crespo
03/06/15

Galicia cierra año en el primer puesto en el número de hoteles certificados con la Q de Calidad

Nuestra comunidad se encuentra en en el segundo puesto en números absolutos de estas certificaciones emitidas por el Instituto para la Calidad Turística Española Galicia cierra […]