As redes sociais como canle de comunicación cos nosos clientes

rrss

As redes sociais como canle de comunicación cos nosos clientes

Co obxectivo de dar a coñecer as redes sociais como canle de comunicación con clientes actuais e potenciais, e revisar cales son as máis utilizadas e máis adecuadas para cada tipo de empresa, o Centro Demostrador TIC celebra o vindeiro 23 de febreiro unha sesión informativa titulada “Como utilizar as redes sociais para conectar co teu público obxectivo” dirixida a empresarios ou profesionais de calquera rama, que queiran establecer unha comunicación cos seus clientes a través de redes sociais, xa sexa para atraer tráfico á súa web, crear oportunidades de venda ou fidelizar a súa base de clientes actuais.

Impartida por CMO do ecommerce de tecnoloxía Quipup.com e CEO de Esterea Comunicación Digital, fundada en 2011, José Alcañiz, que é tamén profesor asociado na Escola de Negocios Afundación, a xornada tocará conceptos como o márketing de atracción, publicación e organización de contidos, reputación en liña, estatísticas, principais redes sociais e novas redes como Periscope, Snapchat, Vine etc así como ferramentas para a xestión de redes sociais. Podes inscribirte e atopar información da xornada a través deste enlace: https://cdtic.xunta.es/redes-sociais

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn