A Secretaría Xeral para o Deporte e Turismo de Galicia cofinanciarán unha liga de vela que se celebrará en Galicia o vindeiro mes de setembro

A Secretaría Xeral para o Deporte e Turismo de Galicia cofinanciarán unha liga de vela que se celebrará en Galicia o vindeiro mes de setembro

Con motivo da celebración da ‘Liga de monotipos J70/J80 Xunta de Galicia’ que se desenvolverá entre os meses de setembro e decembro en todo o litoral galego, a Secretaría Xeral para o Deporte e Turismo de Galicia veñen de asinar un convenio que permitirá cofinanciar este iniciativa para a promoción da vela en Galicia e que contará coa participación de oito clubs náuticos galegos coa posibilidade de que se adhira algunha outra destas institucións antes de comezar a primeira proba.

Tanto o presidente da Asociación de Clubs Náuticos de Galicia-ASNAUGA, Javier Ruíz de Cortazar, e o presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde, como os responsables das instalacións náuticas que colaborarán con esta iniciativa estiven presentes na sinatura deste convenio co que se pretende seguir traballando para a desestacionalización do deporte da vela na nosa comunidade.

A Liga contará con máis de 10 regatas nas que estarán implicadas as instalacións deportivas asociadas a ASNAUGA: Monte Real Club de Iates de Baiona, Real Club Náutico da Coruña, Real Club Náutico de Portosín, Real Club Náutico de Ribadeo, Real Club Náutico de Sanxenxo, Real Club Náutico de Vigo e o Club Marítimo de Canido.

Un sector cunhas instalacións que contribúen a dar moitas alegrías ao deporte galego, tal e como destacou o secretario xeral para o Deporte, Ramón Lete Lasa, que manifestou que a náutica “esixe e merece que as administracións continuemos afondando no seu apoio a este sector de importancia estratéxica para os eidos deportivo e turístico de Galicia”. Un sector, remarcou, que a través da súa actividade funciona coma un catalizador para o sector turístico galego, “e que conta con 128 portos deportivos, o talento dos deportistas e a inestimable acción dos axentes deportivos, claves nese desenvolvemento que son o clubs náuticos”.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn